Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.451

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais; lista B.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 1 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 51, do 14 de marzo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro; elaboradas as citadas listas pola Comisión Permanente de Selección para postos reservados a funcionarios e relativos ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, correspondentes ó punto B do artigo 12 do devandito decreto.

Efectuada proposta pola citada comisión en sesión do 20 de xuño de 2000, unha vez elevada esta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais; lista B, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos das listas.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 4 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (lista B), estarán obrigados, no prazo de

10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de aboamento da taxa que a continuación se expresa: 7.525 ptas.

Os que non o fixesen no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición no corpo correspondente os que foron admitidos no último proceso selectivo convocado pola orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 1 de marzo de 1993 (DOG nº 46, do 9 de marzo), de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de marzo de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará á oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública