Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.449

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, de conformidade co punto terceiro da Resolución do 30 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 111, do 8 de xuño), listas A1 e A2.

Publicada a Resolución do 30 de maio de 2000 (DOG nº 111, do 8 de xuño) relativa á publicación das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia de alegacións ás listas publicadas por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios, na súa sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2000, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez constatada a inexistencia de alegacións ás listas publicadas con data do 8 de xuño de 2000, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios, correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de estatísticos, listas A1 e A2, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións

provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública