Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de acordo de inicio de expediente sancionador 33/2000, a José Prado Gay de Portomarín.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 33/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Celestino Valín Pardo, na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 284 da Avda. Carrero Blanco de Lugo, contra a promotora inmobiliaria José Prado Gay, finalizando este trámite co acordo de inicio de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para emenda-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador: 33/2000.

Vista a denuncia presentada por Celestino Valín Pardo na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 284 da Avda. Carrero Blanco de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 31 de marzo de 1999, Celestino Valín Pardo formula denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 15/1999, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria José Prado Gay para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

O requirimento foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia, con data do 7 de marzo de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Terceiro.-Non existe constancia nesta delegación provincial do IGVS de que a promotora denunciada atendese o requirimento efectuado de reparación das deficiencias observadas no edificio en cuestión.

Fundamento de dereito.

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren con

venientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular, e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados desde a notificación deste acordo, para achega-los documentos ou as informacións que coiden convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na letra e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, da que aparece como presunta responsable a promotora inmobiliaria José Prado Gay, podendo corresponder una sanción de 500.001 ptas. e inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante o prazo máximo de 6 anos, sen prexuízo do que resulta da tramitación deste procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o recollido nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra a promotora José Prado Gay, como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para que os interesados acheguen cantas alegacións, documentos e informacións consideren convenientes, e, de selo caso, propoñan probas concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníqueselle este acordo ó órgano instructor con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo en todo caso como tal o inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 5 de xuño de 2000.

Antonio Boné Piña

Delegado provincial de Lugo