Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de xuño de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 78/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución de expediente instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 78/2000.

Denunciado: Génesis de Publicidad, S.A.

Enderezo: O Preguntoiro, 9-11 Dta. 15701 Santiago de Compostela (A Coruña).

O dito interesado dispón dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-lo expediente no Servicio de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (r/ Said Armesto, 1 Pontevedra), e presentar ante o citado servicio as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 8 de xuño de 2000.

Fausto Núñez Vilar

Xefe do Servicio de Estradas de Pontevedra