Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se nomea catedrática de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar, a María Lourdes Montero Mesa (praza 1642/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de maio de 1999 (BOE do 29 de maio), para a provisión da praza de catedrática de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de María Lourdes Montero Mesa e tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos ós que alude o punto 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Lourdes Montero Mesa catedrática de universidade da área de coñecemento de didáctica e organización escolar, do departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela