Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.342

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000 pola que se inscribe a asociación cultural Salas en el Camino de Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola asociación cultural Salas en el Camino de Santiago, do 4 de maio de 2000.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a asociación cultural Salas en el Camino de Santiago quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 118.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo