Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.339

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 19 de xuño de 2000 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Balneario de Laias.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Balneario de Laias, con domicilio en Laias (Ourense).

Supostos de feito.

1. Manuel García Montero, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do 14 de xuño de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Ribadavia, o día 17 de novembro de 1998, ante a notaria María Isabel Louro García, co número mil setenta e un do seu protocolo por Manuel García Montero, Miguel Ángel Sousa Dines, Ernesto Antonio López Valeiras Rivera, Ezequiel González Fernández, Alfonso Iglesias Piñeiro, Vicente Conde Iglesias; interveñen Manuel García Montero en representación do Concello de Cenlle e os demais no seu propio nome e dereito, facéndoo ademais Miguel Ángel Sousa Dines en representación da Asociación de Veciños Santa Eulalia de Laias.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é a promoción, desenvolvemento, proxecto e execución do complexo denominado Balneario de Laias; contribuír á dinamización social e cultural, así como ó desenvolvemento económico e á creación de postos de traballo na súa contorna inmediata e contribuír á conservación e mellora da súa contorna natural e ambiental.

4. O padroado da fundación estará constituído por Manuel García Montero como presidente, Ángel Sousa Dines como vicepresidente, Vicente Conde Iglesias como secretario, Ezequiel González Fernández como tesoureiro e Ernesto Antonio López Valeiras Rivera e Alfonso Iglesias Piñeiro como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Balneario de Laias, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia

exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 12 de xuño de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demáis normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Balneario de Laias e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública