Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.335

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de xuño de 2000 pola que se convoca o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e o Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000.

A Orde do 14 de xuño de 2000, publicada no DOG do número 21 de xuño, convoca o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e o Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000.

Por erro non se publicou o modelo oficial de solicitude ó que se alude na base cuarta, polo que se procede agora á súa publicación.