Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.323

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 160/2000, do 29 de xuño, polo que se modifica o Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, establece no seu artigo 10, os órganos superiores da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

O Decreto 227/1998, do 10 de xullo, establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, fixando as funcións dos seus centros directivos, así como as unidades correspondentes ó desenvolvemento das devanditas funcións. O tempo transcorrido desde esta regulación e os cambios experimentados no marco xeral de actuación da Consellería fan necesaria unha nova regulación dos órganos superiores nos que se estructura e, xa que logo, unha modificación do Decreto 351/1997.

Polo tanto, en virtude do disposto no artigo 4.15º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-O artigo 10º do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, queda redactado da seguinte forma:

Artigo 10º

a) A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais estructúrase nos seguintes órganos superiores:

1. Secretaría Xeral.

2. Dirección Xeral de Xustiza.

3. Dirección Xeral de Relacións Laborais.

4. Dirección Xeral de Interior e Protección Civil.

5. Dirección Xeral de Administración Local.

b) Queda adscrito a esta consellería o organismo autónomo Academia Galega de Seguridade.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior categoría se opoñan ó disposto no presente decreto.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintenove de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública