Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 30 de maio de 2000 pola que se notifica a Resolución do 8 de maio de 2000 dictada no expediente sancionador PO-119/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á mercantil que a seguir se relaciona, a resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-119/1999, incoado á sociedade titular de establecemento de restaurante denominado A Rocha, situado na rúa Rosalía de Castro, 119, de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ó da súa publicación, ou potestativamente, e con carácter previo, recurso administrativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante esta consellería, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sen prexuízo de que os interesados poidan enterpoñer calquera outro que coiden oportuno.

O importe da multa poderá facerse efectiva en período voluntario no prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da consellería de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procedrase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-119/1999.

Sancionado: Parrillada A Rocha, S.L.

Establecemento: restaurante A Rocha.

Domicilio: rúa Rosalía de Castro, 119.

Localidade: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Resolución: 8 de maio de 2000.

Precepto infrinxido: artigo 88.7º da Lei 9/1997.

Sanción: un millón unha (1.000.001) pesetas.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo