Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, nº 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilarfonxe-Pedraza.
Situación: Monterroso.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. Palas de Rei-Monterroso e final C.T. San Lourenzo de 554 m de lonxitude. L.M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. a C.T. San Lourenzo e final en C.T Vilarfonxe de 2.131 m de lonxitude en conductor LA-56. L.M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. a Vilarfonxe e final no C.T. de Pedraza, lonxitude de 49 m en conductor LA-56. C.T. de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V en Pedraza. C.T. de
50 kVA relación 20.000/380-220 V en Vilarfonxe. L.B.T. en conductor R.Z., de 2.550 m de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 30 de maio de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo