Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de xuño de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Frías Nazara, Miguel Ángel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse o interesado que se sinala no anexo para seren notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 48 e seguintes do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta Delegación Territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 6 de xuño de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Frías Nazara, Miguel Ángel

DNI: 36074656F

Eusebio Lago Cabral, 25, Vigo

Sanción do Exp.2275/1999 doc: 990019556.

Sanción do Exp.2276/1999 doc: 990019558.

Sanción do Exp.2277/1999 doc: 990019559.

Sanción do Exp.2278/1999 doc: 990019560.

Sanción do Exp.2279/1999 doc: 990019562.

Sanción do Exp.2280/1999 doc: 990019568.

Sanción do Exp.2281/1999 doc: 990019569.