Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.292

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, e correspondentes ós postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de conformidade co punto terceiro da Resolución do 16 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 5 de xuño), listas A1 e A2.

Publicada a Resolución do 16 de maio de 2000 (DOG nº 108, do 5 de xuño), relativa á publicación

das listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 23/2000, do 26 de xaneiro, e correspondentes ós postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez rematado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios, na súa sesión que tivo lugar o 23 de xuño de 2000, unha vez elevada a correspondente proposta, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez emendados os erros materiais constatados, as listas para a cobertura con carácter temporal para o nomeamento de persoal interino de postos de traballo reservados a funcionarios, correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de veterinarios, pertencentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, listas A1 e A2, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos das listas.

Segundo.-O citado anexo atópase exposto nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Cuarto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública