Finalizado o prazo fixado na Resolución do 19 de maio de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 049 (axente auxiliar de inspección de transportes) do grupo III (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 14 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo III categoría 049 (axente auxiliar de inspección de transportes) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.
Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da
Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a lle remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.
Grupo III: 5.640 ptas.
Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.
Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro.
Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.
Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.
Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que lle deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Grupo III. Categoría 049.
DNI Apelidos Nome B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 Total
33.335.169 Vázquez Balsa José Manuel 0 0 0 0 0 0 0,75 0,06 0,86