Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.258

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECIÓN de erros.-Orde do 9 de xuño de 2000 pola que se dictan instruccións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Advertido erro na Orde do 9 de xuño de 2000 pola que se dictan instruccións para a elaboración dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, publicado no DOG nº 117 do 16 de xuño de 2000, procede a seguinte corrección:

-Na páxina 9.326, columna dereita do texto,

Onde di: «400 Porcentaxe de participación nos ingresos do Estado», debe dicir: «400 Participación nos ingresos do Estado».

-Na páxina 9.327, columna esquerda do texto, CAPÍTULO V.-INGRESOS PATRIMONIAIS,

Onde di: «...ou do patrimonio á Comunidade Autónoma e ós seus organismos autónomos...», debe dicir: «...ou do patrimonio da Comunidade Autónoma e dos seus organismos autónomos...».

-Na columna dereita do texto, CAPÍTULO VII.-TRANSFERENCIAS DE CAPITAL,

Onde di: «Recursos condicionados ou non recibidos pola Comunidade Autónoma...», debe dicir: «Recursos condicionados ou non, recibidos pola Comunidade Autónoma...».

-Na páxina 9.330, columna dereita do texto,

Onde di: «601 Infraestructuras de saneamento, protección e mellora do medio natural (obras hidráulicas e medio natural)», debe dicir: «601 Infraestructuras de saneamento, protección e mellora do ambiente (obras hidráulicas e ambiente)».

Onde di: «621 Infraestructura e equipamentos...», debe dicir: «621 Construcción e equipamentos...».

-Na páxina 9.343, columna dereita do texto, parágrafo segundo, liña quinta:

Onde di: «... derivan estrictamente estes,...», debe dicir: «... derivan estrictamente destes,...».