Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.252

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 27 de xuño de 2000 pola que se dispón o nomeamento do vocal que en representación do Concello de Redondela forma parte do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 5 e 26 de marzo de 1998, facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas, e entidades e organismos representados no consello de administración, polo que, recibida comunicación que recolle o acordo do pleno do Concello de Redondela, polo que se designa o representante do dito concello na Autoridade Portuaria de Vigo,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear a Xaime Rei Barreiro, vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en representación do Concello de Redondela.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda