Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 23 de maio de 2000, aprobou o expediente de contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria, da obra de beirarrúas e saneamentos estrada 651 Ferrol-A Coruña, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local do ano 2000, da deputación provincial-POS 2000.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Bergondo (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxeto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construír beirarrúas e un tramo de saneamento na estrada 651 Ferrol-A Coruña.

b) Plan: provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e de rede viaria local do ano 2000.

c) Lugar de execución: estrada 651 Ferrol-A Coruña.

d) Prazo de execución: 6 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.688.396 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación, 353.768 ptas.

b) Definitiva: 4 por 100 do orzamento base de licitación, 707.536 ptas.

6. Obtención de documentación.

a) Concello de Bergondo (A Coruña). Secretaría, estrada A Coruña, 12, 15165 Bergondo (A Coruña). Teléfono: 981 79 12 52, fax: 981 79 42 33.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata 13 horas do día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Prego de cláusulas administrativas que rexe o contrato.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares para a adxudicación de obras, mediante concurso con procedemento aberto, aprobado pola Deputación Provincial e publicado no BOP nº 77, do 3-4-2000.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ventiseis días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Bergondo.

9. Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte (agás sábados) ó do remate da presentación de proposicións, ás 13 horas, na Casa do Concello de Bergondo.

10. Documentación e modelo de proposicións.

Presentaranse tres sobres cerrados, que poderá ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente e coa documentación e requisitos esixidos na cláusula 12 do prego. O modelo de proposicións é o que figura no anexo II do dito prego.

11. Gastos de anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Bergondo, 25 de maio de 2000.

José Fernández Rámos

Alcalde-presidente