Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador OU 184/1999C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 2091-0388-90-3110001181, da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó de firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos norma

lizados, que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita na rúa Paseo, nº 18, 5º andar, en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade con previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 31 de maio de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 184/1999C.

Denunciado: Magín Murias Beneítez.

DNI: 34535516.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Chaudecurra, nº 5, A Veiga. Ourense.

Feitos probados: non atoparse situado no seu posto nunha batida, unha vez iniciada esta.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 57.28º da Lei de caza de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 25.000 pesetas.