Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/123-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Luis Rocafort 34.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 18 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Vicaño, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na rúa Luis Rocafort N.34, do concello de Sanxenxo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra