Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dunha serie de servicios de comedor escolar con empresas hostaleiras para o curso 2000/2001.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato e orzamento base de licitación:

a) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación. Prestación do servicio de comedor escolar nas condicións que se especifican nos pregos de cláusulas dos centros escolares públicos que se relacionan e polo importe que se especifica:

1. IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo (código 27006541) catro millóns duascentas catorce mil vintecinco pesetas(4.214.025 ptas.) IVE incluído.

2. IES Xograr Afonso Gómez-Sarria-Lugo (código 27012048) oito millóns setecentas cinco mil catrocentas pesetas (8.705.400 ptas.) IVE incluído.

3. IES nº 1 de Sarria-Lugo (código 27012036) tres millóns catrocentas sete mil corenta pesetas (3.407.040 ptas.) IVE incluído.

4. IES Dionisio Gamallo Fierros de Ribadeo-Lugo (código 27010933) catro millóns trescentas sesenta e oito mil pesetas (4.368.000 ptas.) IVE incluído.

5. IES Cosme López Rodríguez da Rúa-Ourense (código 32016637) dous millóns seiscentas corenta e oito mil duascentas cincuenta pesetas (2.648.250 ptas.) IVE incluído.

6. IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia-Ourense (código 32015232) tres millóns catrocentas sesenta e cinco mil pesetas (3.465.000 ptas.) IVE incluído.

7. IES de Allariz-Ourense (código 32016339) dous millóns duascentas noventa e cinco mil cento cincuenta pesetas (2.295.150 ptas.) IVE incluído.

8. IES Martaguisela do Barco-Ourense (código 32001683) dous millóns seiscentas corenta e oito mil duascentas cincuenta pesetas (2.648.250 ptas.) IVE incluído.

9. IES de Vila de Cruces-Pontevedra (código 360NVP17) dous millón trescentas trinta mil catrocentas sesenta pesetas (2.330.460 ptas.) IVE incluído.

b) Prazo de execución: curso escolar 2000/2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Garantías.

Provisional: dous por cento do orzamento base de licitación.

Definitiva: catro por cento do importe de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

5.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Teléfono: 981 54 44 00.

d) Telefax: 981 54 54 43.

5.2. Documentación:

a) Teléfono: 981 59 26 00.

b) Enderezo: Rosalía de Catro, 45, Santiago de Compostela (A Coruña).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: exenta.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó de publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhabil trasladarase o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a presentación de variantes.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Datas: Lugo: o quinto día natural, ás 10 horas, contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Ourense: o cuarto día natural, ás 9.30 horas, contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Pontevedra: o cuarto día natural, ás 13.30 horas, contado desde a finalización do prazo de presentación de proposicións.

Cando cadre en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria