Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000 pola que se anuncian, polo sistema de poxa aberta e tramitación urxente, as obras: rampla para minusválidos e obras varias no CEIP San Pedro de Visma e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: rampla para minusválidos e obras varias no CEIP San Pedro de Visma.

b) Lugar de execución : A Coruña.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 10.104.573 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.2. a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas e cubertas no IES Virxe do Mar.

b) Lugar de execución: Noia.

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Importe total: 33.185.462 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.3. a) Descrición do obxecto: remodelación de espacios interiores no CEIP O Areal.

b) Lugar de execución: Camariñas.

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Importe total: 28.892.700 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.4. a) Descrición do obxecto: cerramento exterior IES Agra de Raíces.

b) Lugar de execución: Cee.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 7.204.692 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría c.

2.5. a) Descrición do obxecto: construcción de pista polideportiva no CPI de Boqueixón e CPI de Vedra.

b) Lugar de execución: Boqueixón e Vedra.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 20.866.109 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C 2, categoría d.

2.6. a) Descrición do obxecto: substitución de carpintería exterior e interior no CEIP W. Fernández Flórez.

b) Lugar de execución: Cambre.

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Importe total: 31.164.918 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.7. a) Descrición do obxecto: reparación de cuberta, electricidade e fontanería no CEIP Urdilde-Rois.

b) Lugar de execución: Urdilde-Rois.

c) Prazo de execución: 5 meses.

d) Importe total: 39.539.866 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.8. a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio e vestiarios no IES de Cedeira.

b) Lugar de execución: Cedeira.

c) Prazo de execución: 8 meses.

d) Importe total: 60.512.965 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.9. a) Descrición do obxecto: cubrición de pista polideportiva no IES Monte Neme.

b) Lugar de execución: Carballo.

c) Prazo de execución: 9 meses.

d) Importe total: 77.595.805 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2.10. a) Descrición do obxecto: vestiario e cubrición de pista polideportiva no IES As Mariñas.

b) Lugar de execución: Betanzos.

c) Prazo de execución: 7 meses.

d) Importe total: 75.418.217 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade Técnica).

b) Domicilio: praza de Luis Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade e código postal: A Coruña, 15071

d) Teléfono: 981 18 47 45, 981 18 47 52.

e) Fax: 981 18 47 85.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. Se este cadra en sábado ou domingo, será o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

-Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

-Localidade: A Coruña, 15071.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución da adxudicación da poxa.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións. Se este cadra en sábado, pásase ó día hábil seguinte.

e) Hora: ás 11 horas.

7. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 16 de xuño de 2000.

P.D.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña