Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 31 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación desta resolución, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

EmpresaDomicilio

Localidade

expediente

Data Resol.

dirección xeral

ou consellería

Precepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

Blanco Riveiro, S.L.Vigo

Pontevedra

485/99 (R.O.) 162/99 (PO) 159/99 (AI)13 de outubro de 1999Artigo 287 da ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970). Artigo 3 a) parte C anexo IV e artigo 11.1º c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, de disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción. Artigo 187 da ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 46.4º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.300.003 ptas.

Fomento Inmobiliario de Viviendas Sociales, S.A.A Coruña

A Coruña

487/99 (R.A.) 220/99 (CO) 1338/99 (AI)1 de decembro de 1999Artigos 242, 206, 193 da ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970); artigos 1, 3 e 7 do R.D. 773/1997, do 30 de maio.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.100 ptas.

Cnes. Cancaro Vigo, S.L.Vigo

Pontevedra

503/99 (R.A.) 417/99 (PO) 118/99 (AI)17 de xaneiro de 2000Artigo 3 a), parte C, anexo IV e artigo 11.1º c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción. Artigo 60 da ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. do 9-3-1971).Artigos 47.16º f) e 46.4º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.300.002 ptas.

Amelia Gema Sánchez MartínezA Coruña

A Coruña

526/99 (R.A.) 206/99 (CO) 315/99 (AI)15 de decembro

de 1999

Artigos 4.2º d) e 19.1º do Estatuto dos traballadores (R.D.L. 1/1995, do 24 de marzo); artigos 14 e 20 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 4 e punto 10 da parte A do anexo 3 do R.D. 486/1997, do 14 de abril.Artigo 47.10º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Cnes. Elarey, S.L.Cambre

A Coruña

10/00 (R.A.) 350/99 (CO) 770/99 (AI)15 de febreiro de 2000Artigo 3 parte C do anexo IV do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 45 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.100 ptas.

Servicios y Drenajes Pale, S.L.Ourense

Ourense

50/00 (R.A.) 313/99 (PO) 577/99 (AI)15 de febreiro de 2000Artigo 3 a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1º c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción, así como artigo 187 da ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.001 ptas.

Necso Entrecanales Cubiertas, S.A.Vigo Pontevedra107/00 (R.O.) 238/99 (PO) 467/99 (AI)13 de marzo de 2000Artigo 3 a), parte C anexo IV en relación co artigo 11 c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construcción, así como o artigo 192 da ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais.250.001 ptas.