Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 314/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 427 m de lonxitude e centro

de transformación no lugar de Cances, no termo municipal de Carballo, (expediente 314/1999), por resolución desta delegación provincial do 13 de abril de 2000, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 4 de xullo de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describian os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Carballo, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 7-2-2000, 20-1-2000 e 13-1-2000, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándolle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida a casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 31 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado Provincial da Coruña