Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 106/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións das:

Liñas eléctricas aéreas de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56:

-de 870 m de lonxitude coa orixe no apoio nº 16 da liña que alimenta o C.T. Igrexa e final no C.T. Sequeiro, por instalar.

-de 1.440 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 77 da liña que alimenta ó C.T. Vilallonte e final no C.T. Bidueiro, por instalar.

Centros de transformación tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 100 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Sequeiro e Vilallonte. Rede de baixa tensións sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 960 m de lonxitude, que parte do C.T. Sequeiro e discorre polo lugar do mesmo nome, coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Sequeiro e Bidueiro, no termo municipal de Narón (expediente 106/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou entereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que podan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que

se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 26 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 106/2000. Provincia: A Coruña.

M.T. al C.T. de Sequeiros.Termo municipal: Narón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1IgrexaLaborDescoñecido

26260

2IgrexaMonte baixoJosefina Montero FreireEstrada Castela, 807

15578 Narón

1232320

4Detrás da IgrexaPradoEugenio Roca BarralRúa Real, 4

15578 Narón

42420

5Detrás da IgrexaPradoDescoñecido

22220

6Detrás da IgrexaMonte altoEugenio Roca BarralRúa Real, 4

15578 Narón

30480

7Detrás da IgrexaMonte altoDescoñecido

2248768

11Detrás da IgrexaMonte altoRicardo Justo Pita RodríguezSequeiro, 13

15578 Narón

42681.088

12Detrás da IgrexaPradoMaría Rey OteroPomariño, s/n-Sequeiro

15578 Narón

86860

13Detrás da IgrexaPradoJ.J. López MonteroTms. River-New Jersey, Fayr Agres Drive18180

15FabellePradoNemesio Díaz SequeiroHelpenstenier Kirch-11-Y Nevss, 2618180

17FabellePradoManuel Grandal PazosSedes-Gándara-Pedroso, 15

15578 Narón

32320

22Arriba do CotoPradoGuillermo Corral LópezPiñeiros, 449-1º A

15578 Narón

6-C.T.6220