Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/126-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C. distribución e C.T. Arrufana-Louredo I.

Situación: Mos.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 547 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da L.M.T. Ameiro Longo-Torneiros, alimentando o C. distribución que se proxecta en Arrufana e ata o C.T. proxectado en Arrufana-Louredo I, no concello de Mos. C. distribución con 3 liñas de manobra exterior. C.T de 630 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 12 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra