Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-1497; XG-089, Casaio-O Barco de Valdeorras.

O acordo directivo do 9 de outubro de 1998 autorizou a transmisión da concesión de referencia a favor da empresa Autos Nievitas, S.L. por cesión do seu anterior titular, Aquilino García Iglesias.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes