Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 28 de xuño de 2000 Páx. 10.070

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de maio de 2000 pola que se autoriza a inclusión da Escola de Música Municipal de Mondoñedo (Lugo) no Rexistro de Escolas de Música.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse estudios de música ou de danza en escolas específicas. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril) regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra banda, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo, no seu artigo 1 establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada a solicitude de inclusión no Rexistro de Escolas de Música polo Concello de Mondoñedo (Lugo), os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la inclusión no Rexistro de Escolas de Música a Escola de Música Municipal de Mondoñedo (Lugo), segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-A dita escola queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), e ós servicios de inspección correspondentes.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Centros e Inspección Educativa para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Mondoñedo.

Localidade: Mondoñedo.

Enderezo: Ponte Pousada, s/n.

Código do centro: 27020550.

Denominación específica: Escola de Música Municipal de Mondoñedo.

Titular: Concello de Mondoñedo.