Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.035

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-159/99-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa no anexo que se menciona a proposta de resolución, dictada polo instructor no expediente que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-los expedientes, no Servicio Técnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 29 de maio de 2000.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-159/99-PO.

Denunciado: Rudesindo Ferradás González.

Feito denunciado: oposición ó saneamento gandeiro.

Data do acordo de incoación: 15-12-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito de alegacións.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 209.3º do Decreto 4-2-1955, polo que se aproba o regulamento á Lei de epizootias do 20-12-1952.

Precepto sancionador: artigo 209.3º do Regulamento de epizootias, segundo a súa actualización realizada polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: 100.000 pesetas, segundo o artigo 209.3º.