Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/98-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Folgoso-O Formigueiro.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 596 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Folgoso ata o C.T. que se proxecta no Formigueiro, no concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea de 577 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Folgoso. R.B.T., aérea, de 5 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. desde o C.T. do Formigueiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 15 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra