Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación transformadora a 132/15 kV de Vilar do Colo cunha posición de liña a 132 kV, no concello de Cabanas, provincia da Coruña. (Expediente 52701).

Examinado o expediente instruído por instancia de Unión Eléctrica Fenosa, S.A. con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 14 de decembro de 1998, a empresa Unión Fenosa, S.A. solicita a autorización administrativa da ampliación da subestación transformadora 132/15 kV de Vilar do Colo cunha posición de liña a 132 kV e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntase o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

A instalación proxectada consiste na implantación dun novo módulo de liña a 132 kV, en cabina blindada en simple barra a 1.250 A, 25 kA con illamento de SF6. No seu interior contén os seguintes aparellos en alta tensión:

-1 interruptor de corte de SF6, 1.250 A, 25 kA con accionamento de resortes cargados por motor eléctrico.

-1 seccionador tripolar de barras, 1.250 A de 3 posicións (aberto, pechado e á terra) accionado por motor eléctrico.

-3 transformadores de intensidade e 1 transformador de tensión.

-1 seccionador tripolar de posta á terra, de 2 posicións (aberto e pechado) accionado por motor eléctrico.

-Sistemas de control, protección e medida.

Segundo.-O citado proxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 10-2-1999, publicándose no DOG do 24 de marzo e no BOP da Coruña do 11 de marzo.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-Da solicitude obxecto deste expediente emitiu informe favorable a Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de derecho.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro; o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999 do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Cumprido o establecido nos artigos 8 e 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e comprobado polos servicios técnicos desta consellería a adecuación teórica do proxecto de execución presentado, procede dictar resolución pola que, e ó amparo dos artigos 11 e 14 do decreto anteriormente citado, se autoriza a ampliación e se aproba o proxecto de execución.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os tramites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación da subestación transformadora 132/15 kV de Vilar do Colo cunha posición de liña a 132 kV no concello de Cabanas (A Coruña).

Aproba-lo proxecto de execución da citada ampliación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria