Finalizado o prazo fixado na Resolución do 11 de maio de 2000 (DOG nº 102, do 26 de maio), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 005 (intendente, encargado/a de establecemento, encargado/a de almacén) do grupo III (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 14 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo III categoría 005 (intendente, encargado/a de establecemento, encargado/a de almacén) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.
Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir
do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.
-Grupo III: 5.640 ptas.
Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.
Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.
Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.
Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.
Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
GRUPO III-CATEGORÍA 005.
DNI APELIDOS NOME B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 TOTAL
33.332.944 ALONSO CONDE LUIS 0 13,35 0 0 0,2 0 0,75 0 5,95
76.554.098 EIMIL CASTRO MANUEL 0 0 0 0 0 0 0 0