Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000 pola que se resolve a convocatoria de dúas bolsas de estudios para a realización de traballos en materia de dereitos humanos, liberdades públicas e dereitos fundamentais convocadas pola Resolución do 28 de xaneiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro).

Por Resolución do Valedor do Pobo do 28 de xaneiro de 2000 (DOG nº 29, do 11 de febreiro) convócanse e apróbanse as bases que rexen a convocatoria de dúas bolsas de estudios para a realización de traballos sobre a defensa dos dereitos humanos e liberdades públicas.

Polo anterior, e de acordo co establecido nas bases da convocatoria, atendendo á proposta da comisión de selección, prevista na base oitava,

RESOLVO:

1. Facer pública a relación de candidatos por orde de puntuación, que figura como aanexo a esta resolución.

2. Adxudica-las dúas bolsas convocadas a Mónica Siota Álvarez e Susana Blanco Miguélez, de acordo coa orde de puntuación que figura no anexo desta resolución. De acordo co establecido na base oitava da convocatoria, as adxudicatarias deberán formaliza-lo outorgamento das bolsas nun prazo de dez días. En caso contrario consideraranse desistidas da súa solicitude.

3. O incumprimento por parte dos adxudicatarios do establecido nas bases publicadas establecidas na Resolución do 28 de xaneiro suporá a perda do dereito ó desfrute da bolsa.

4. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o Valedor do Pobo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ou recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

ANEXO

Relación de candidatos por orde de puntuación

NomePuntuación

Mónica Siota Álvarez7,99

Susana Blanco Miguélez7,73

Joaquín Brage Camazano6,67

Sonia E. Rodríguez Boente4,92

Esteban Naya Caijiao3,47

Carmen Álvarez López2,78

Cristina Carreira Sanmartín2,48

Cristina Faraldo Cabana2,44

José M. Soto Veiga2,36

Ana Belén Lorenzo Conde2,35

Tomás Castro Fernández2,26

Sonia Méndez García2,25

Andrés Delgado Montes2,25

Marta Corujo Martínez2,18

Sandra Mota Ceruelo2,13

Ana Belén Vilas Fernández1,97

Natalia Villamor Gómez1,83

Pilar Martínez Sánchez1,80

Mª Dolores Solla Pousada1,37

Eladio Medel Iglesias1,09

Manuela Sobrido Bretal0,89