Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Martes, 27 de xuño de 2000 Páx. 10.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 19 de xuño de 2000 pola que se abre un novo prazo de presentación dos traballos nos concursos para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia, convocados pola orde da Consellería de Medio Ambiente de 22 de marzo de 2000.

Por orde da Consellería de Medio Ambiente do 22 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 63, do 30 de marzo) convocouse o concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia, establecéndose no seu artigo 3, que o prazo de presentación dos traballos de sensibilización, difusión e de pintura remataba o 15 de xuño.

Tendo en conta que os premios están dirixidos principalmente ós escolares e que a data límite de presentación coincide co período vacacional, e co fin de garantir unha alta participación e óptima incidencia na poboación, esta consellería considera oportuno abrir un novo prazo de presentación de ideas e iniciativas destes premios.

En consecuencia, en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Ábrese un novo prazo para a presentación dos traballos de sensibilización, difusión e de pintura do concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia convocado por orde da Consellería de Medio Ambiente do 22 de marzo de 2000, sen

prexuízo da validez dos presentados con anterioridade ó amparo da dita orde.

2. O prazo de presentación comezará o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 1 de novembro de 2000.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente