Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Blanco y Cavada, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delegado territorial de Vigo, en aplicación do artigo 48 e seguintes do R.D. 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación

deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 29 de maio de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Blanco y Cavada, S.L.

CIF: B36719482.

Gándara 19, 9º E

Vigo

Imposto transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados

Exp.982/1992 Doc: 600151219094

Domínguez Díez, Aarón

DNI: 53186698

Galindra Castrelos, 23

Vigo

Imposto sucesións e doazóns

Exp.D-53/1998 Doc:651400000421