Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Luns, 26 de xuño de 2000 Páx. 9.942

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 3 do grupo IV (auxiliar de clínica e outros) (lista B) publicada por Resolución do 29 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 8 de marzo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 del grupo IV (auxiliar de clínica e outros) (lista B) publicados na Resolución do 29 de febreiro de 2000 (DOG nº 47, do 8 de marzo), esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

Incluír a Ana Mª Vázquez Giráldez con DNI nº 34.937.169 no ámbito xeográfico X3201 no número de orde 29, no ámbito xeográfico X3202 no número de orde 15, no ámbito xeográfico X3203 no número de orde 12, no ámbito xeográfico X3204 no número de orde 34, no ámbito xeográfico X3205 no número de orde 20, no ámbito xeográfico X3206 no número de orde 63 e en todos eles cunha puntuación de 2,700 puntos.

En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública