Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social de concurso de obras, por procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (Inludes).

2. Obxecto: recuperación da nora do río Neira no Corgo (Lugo).

3. Orzamento: tres millóns novecentas oitenta e nove mil trescentas cincuenta e seis pesetas (3.989.356 pesetas).

4. Prazo de execución: catro meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico admnistrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 136 do 15 de xuño de 2000.

Lugo, 15 de xuño de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo