Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: realización de cursos de informática.

3. Lugar de execución: Lugo, Monforte, Burela e Chantada.

4.Orzamento: 8.880.000 pesetas.

5. Prazo de execución: desde o 15 de setembro ata o 15 de decembro do presente ano.

6. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación.

7. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

8. Presentación das ofertas: quince (15) días naturais, a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

10. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 134, do 13 de xuño de 2000.

Lugo, 13 de xuño de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo