Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a realización dunha campaña de publicidade para a promoción da Festa do Percebe de Aguiño. (Expediente 5968/2000).

Obxecto: realización dunha campaña de publicidade para a promoción da Festa do Percebe de Aguiño, que se celebrará en Aguiño o 23 de xullo para o cal se deberá raliza-lo soporte creativo da campaña ademais da xestión de medios.

Lugar de execución: A Coruña.

Orzamento: 5.000.000 de ptas., 30.050,61 euros.

Prazo de execución: ata o 31 de xullo de 2000.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto.

Garantía provisonal: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 19 de xuño de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña