Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización no núcleo 01.02 Carregal C (Alcabre) (expediente 4178/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de maio de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do núcleo 01.02 Carregal C, na parroquia de Alcabre, presentado pola entidade Vicousa S.A e redactado polo arquitecto Enrique Rodríguez Alfaro con visado do COAG do 18 de xaneiro de 2000.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

A. Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo no prazo dun mes contado do día seguinte ó de publicación deste anuncio.

B. Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

C. Calquera outro recurso que considere oportuno interpoñer e sexa procedente.

Vigo, 2 de xuño de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo