Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, de tres asistencias técnicas.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes asistencias técnicas:

a) Configuración dunha imaxe de marca turística para o municipio de Muros (A Coruña).

* Orzamento de licitación: un millón cincocentas mil (1.500.000) pesetas (nove mil quince con cento oitenta e un, 9.015,181 euros) no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

* Prazo de execución: tres meses desde a sinatura do contrato.

* Garantía provisional: non se esixe.

* Clasificación: non se require.

* Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desde anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Os licitadores farán as súas proposicións consonte o prego de cláusulas administrativas e mailo de prescricións técnicas que rexen a contratación e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó referido prego de cláusulas administrativas.

* Documentación que deben presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

b) Configuración dun producto turístico en relación coa ostra de Arcade, así como a posta en valor turístico dos recursos da zona (municipios de Fornelos de Montes, A Lama, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Soutomaior).

* Orzamento de licitación: dous millóns (2.000.000) de pesetas (doce mil vinte con douscentos corenta e dous, 12.020,242 euros) no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

* Prazo de execución: tres meses desde a sinatura do contrato.

* Garantía provisional: non se esixe.

* Clasificación: non se require.

* Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Os licitadores farán as súas proposicións consonte o prego de cláusulas administrativas e mailo de prescricións técnicas que rexen a contratación e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó referido prego de cláusulas administrativas.

* Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

c) Realización dun estudio para a rendibilización turística da área xeográfica de Valdeorras (municipios do Barco, O Bolo, Carballeda, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín).

* Orzamento de licitación: dous millóns (2.000.000) de pesetas (doce mil vinte con douscentos corenta e dous, 12.020,242 euros) no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

* Prazo de execución: tres meses desde a sinatura do contrato.

* Garantía provisional: non se esixe.

* Clasificación: non se require.

* Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Os licitadores farán as súas proposicións consonte o prego de cláusulas administrativas e mailo de prescricións técnicas que rexen a contratación e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó referido prego de cláusulas administrativas.

* Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

Normas comúns ás tres licitacións:

Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen para cada unha das contratacións atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte o determinado na cláusula 3.2.4 dos respectivos pregos de cláusulas administrativas que rexen as contratacións. Así mesmo será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado (Decreto 3410/1975, do 25 de novembro). No caso de que un licitador concorra simultaneamente a máis dunha licitación das indicadas neste anuncio deberá de presentar toda a documentación para cada unha das licitacións.

Lugar e data de apertura de proposicicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data o acto

de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será aboado, a partes iguais, por cada un dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17 de decembro

Andrés González Murga

Secretario xera da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo