Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 23 de xuño de 2000 Páx. 9.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal do organismo autónomo Augas de Galicia ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo do devandito organismo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de xuño de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1º Aproba-la nova relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e

Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

2º Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3º Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica o seguinte:

CódigoDenominaciónMotivación

OT.B01.00.002.15770.039 Sección de habilitación Posto de especial

responsabilidade polo

manexo de fondos

públicos

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de xuño de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Jaime Pita Pita

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública