Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle do rueiro H da unidade de actuación 14.2 do PXOU-A Parda.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de maio de 2000, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Inversiones de Galicia Sur, Sociedad Anónima, coa finalidade de ordena-la disposición das superficies edificables dentro do rueiro H da unidade de actuación nº 14.2 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, situada na Parda e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con datas do 18-1-2000 e 31-3-2000, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos) e formula-las alegacións e xustificacións que considere procedentes.

Pontevedra, 31 de maio de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral