Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, con intervención de xurado, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 310/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 310/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto de obra para a construcción dun pavillón polideportivo no Campus de Ourense.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: o anteproxecto deberá presentarse ós veintiseis días naturais seguintes ó de publicación no DOG. O proxecto executivo deberá entregarse no prazo máximo dun mes a contar desde o día seguinte ó da formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público con intervención de xurado.

4. Orzamento base de licitación: importe total 7.216.650 pesetas (43.372,94 euros).

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal, 46 -anexo- 3º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible ó contratista: non se esixe.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2º Domicilio: r/ Areal, 46 edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/ Areal, 46 1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 13 de xuño de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo