Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. O Irixo-Laxas, no concello do Irixo. (Expediente IN407A 99/78-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997. As alegacións presentadas polo titular dos predios nº 47 e 75 da relación de afectados foron desestimadas polas razóns que se lle notifican en escrito á parte e que non se transcriben para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a citada traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autorizar a Unión Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 12.292.262 ptas.:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 890 m en conductor LA-56, con orixe no apoio existente da acometida ó C.T. do Irixo e final no C.T.C. do Irixo de Arriba; L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 20 m, en conductor R.H.V., con orixe no apoio nº 8 da L.M.T. aérea citada anteriormente e final no C.T. do Irixo de Arriba; C.T. prefabricado que se situará no Irixo de Arriba, con 250 kVA e r/t 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión de 1.735 e 535 m de lonxitude, en conductor R.Z., respectivamente no Irixo de Arriba e As Laxas.

2. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 24 de setembro de 1999, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 12 de novembro, no BOP de Ourense do 10 de novembro e no xornal diario La Región de Ourense do 22 de outubro de 1999.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 15 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense