Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.793

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional da categoría 014 (titulado/a superior sociólogo) do grupo I (lista B).

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 19 de abril de 2000 (DOG nº 83, do 2 de maio), pola

que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 014 (titulado/a superior sociólogo) do grupo I (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 13 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma. De conformidade co

disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 30 de xuño de 1999, a Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 1 punto.

Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que de acordo coa do 19 de abril de 2000 pola que se fai pública a lista provisional foron non admitidos na lista provisional e unha vez vista a súa alegación superaron a dita puntuación.

Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II que superaron a puntuación de 1 punto estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

-Grupo I: 7.525 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo I-Categoría 014.

DNIAPELIDOSNOMEB1B2B3B4B5B6B7B8TOTAL

44.075.650COUTO GARCÍAMARINA ADELAIDA0000000,7500,75

34.258.308GOYANES LÓPEZMª ESPERANZA00,900000,750,872,52

32.768.276MARTÍN FERNÁNDEZMIGUEL ÁNGEL00000,200,7500,95

76.713.895NÚÑEZ MOLDESANA MARÍA0000000,750,010,76