Finalizado o prazo fixado na Resolución do 19 de abril de 2000 (DOG nº 84, do 3 de maio), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 028 (xefe/a de estudios de centro de tecnificación) do grupo II (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 13 de xuño de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer público como anexo I a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma. De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 30 de xuño de 1999, a Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral establece o número máximo de aspirantes admitidos naqueles que teñan unha puntuación igual ou superior a 2,50 puntos.
Segundo.-Facer público como anexo II a esta resolución a relación de aspirantes que de acordo coa do 19 de abril de 2000 pola que se fai pública a lista provisional foron non-admitidos na lista pro
visional e unha vez vista a súa alegación superaron a dita puntuación.
Terceiro.-Os solicitantes relacionados nos anexos I e II que superaron a puntuación de 2,50 puntos estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.
-Grupo II: 6.580 ptas.
Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.
Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.
Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.
Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.
Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Grupo II-Categoría 028.
DNI APELIDOS NOME B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 TOTAL
33.328.250 CAPON FERNANDEZ MARIA DEL CARMEN 0 0 0 0 0 0 0,75 0 0,75
76.902.976 CASTRO CABALEIRO FRANCISCO 0 0 0 0 0 0 0 0
76.341.063 DIAZ DEL VALLE MARIA NIEVES 0 0 0 0 0 1,5 0,75 0 2,25
33.847.434 IGLESIAS GONZALEZ SILVIA 0 0 0 0 0 1,5 0,75 0 2,25