Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 14/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Servicio Galego de Saúde - Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84; 15006 - A Coruña.

Número de expediente: 14/2000.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxeto: subministración de catéteres Swan-Ganz e implantes.

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 245, do 22 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 21.238.224 ptas. (127.644,30 euros).

5. Adxudicación:

Data: 15 de maio de 2000.

Contratistas:

Lote 1: Edwards Lifesciences, S.L., 2.606.400 ptas. (15.664,78 euros).

Lote 2: Abbott Laboratories, S.A., 3.480.000 ptas. (20.915,22 euros).

Lote 3: Edwards Lifesciences, S.L., 5.460.000 ptas. (32.815,26 euros).

Lote 4: Edwards Lifesciences, S.L., 3.510.000 ptas. (21.095,52 euros).

Lote 5: Técnicas Médicas Mab, S.A., 4.776.480 ptas. (28.707,22 euros).

Orzamento total: 19.832.880 ptas. (119.198,01 euros).

A Coruña, 16 de maio de 2000.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña