Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 19 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador de sanidade alimentaria 56/1999.

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a continuación se relacionan, que con esta data acórdase, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 56/1999, incoado por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, da Xunta de Galicia que aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos. O expedientado dispón do prazo de quince días para examina-lo expediente na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder presenta-las alegacións correspondentes, se o considera oportuno, segundo preceptúa o artigo 19 do Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

1. Expediente sancionador 56/1999.

Denunciado: José Martínez González.

DNI: 34.605.399.

Último enderezo coñecido: Cruceiro, 32515 San Amaro (Ourense).

Ourense, 19 de maio de 2000.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense