Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Incovi, S.L. e Rodríguez Diéguez Antonio).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 61.2º da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta Vigo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 22 de maio de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Incovi, S.L.

CIF: B36692093

Pi y Margall, 135-4º Dta., Vigo

Imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exp. 12768/1993 Z-1984/1999 DOC: 990013766 e DOC: 990013760

Rodríguez Diéguez, Antonio

DNI: 35.979.427

Illas Baleares, 20-4º Esq., Vigo

Imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exp. 5190/1988 Z-2387/1999 DOC: 990021483