Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.713

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEXTA)

EDICTO de notificación de sentencia (11/2000).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario do Xulgado da Audiencia Provincial da Coruña, sección sexta, con sede en Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no rolo de apelación de procedemento abreviado nº 11/2000, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente di:

«En Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

Vistos pola sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, integrada por Ángel Judel Prieto, presidente, e os maxistrados José Ramón Sánchez Herrero, María del Carmen Vilariño López, en grao de apelación, os autos de procedemento abreviado seguidos no Xulgado do Penal número un dos de Santiago de Compostela co nº 34/1999, que constituíron o rolo de apelación nº 11/2000, que versan sobre delicto contra a seguridade do tráfico, nos que son parte, como apelante, José Barreiro Barcia,

representado pola procuradora Josefina Álvarez Candeira, coa defensa da letrada Marta Carballo Ursa e, como apelado, o Ministerio Fiscal. Foi relator o maxistrado José Ramón Sánchez Herrero, quen expresa o parecer da sala, procede formula-los seguintes antecedentes de feito, fundamentos de dereito e decisión.

Que, desestimando o recurso de apelación interposto por José Barreiro Barcia, contra a sentencia dictada en autos nº 34/1999, do Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, debemos confirmala e confirmámola, condenando o recorrente ó pagamento das custas do recurso. Notifíqueselles esta sentencia en legal forma ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso. Devólvanse os autos orixinais ó xulgado de procedencia con testemuño desta resolución para a súa execución e cumprimento.

Así, por esta nosa sentencia, da que se porá certificación literal no rolo da súa razón, incluíndose o orixinal no libro de sentencias, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Barreiro Barcia, actualmente en

paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago o 26 de maio de 2000.

O secretario

Rubricado